Sorprende, e máis no seo da Costa da Morte, atopar unha carta personalizada para vexetarianos. En Cee, o Restaurante O Gallego vén de abrir unha carta cunha variedade de pratos vexetarianos, e ata veganos, ben ampla e exquisita.
Ao carón dos entrantes, do peixe, da carne e dos viños, un apartado "Para vexetarianos" oferta manxares como berexenas recheas con soia (na foto), allo branco, tempura de verduras con salsa de iogur, ou brócoli con pasta de mazá.
Non queda aí a oferta se non que os postres tamén ten oco para veganos, con marabillas de mazá confitada, mouse de chocolate ou brochetas de froita con chocolate negro.
Cómpre ter en conta que algún do pratos requiren encargo. Poden avisar no 629 241 912.
Máis información
- Paxínas Amarelas: Mesón O Gallego.
Me encantó el paté de zanahoria y nueces.
ResponderEliminarMuy original.