Buscar este blog

21/3/11

As cantinas do Eume

Fai un par de semanas pasei un par de días de relax en boa compañía polas Fragas do Eume. Ademáis de ter moitas ganas de coñecer o entorno natural da zona, tamén me apetecía probar as chamadas Cantinas do Eume. Fai tempo escoitara dicir que varios establecementos gastronómicos da zona do Eume se agruparan baixo unha marca común que as distinguía como un selo de calidade. Aínda que pola sonoridade do nome, me imaxinaba unhas cantinas tradicionáis e máis típicas, a verdade é que na decoración e nas formas son uns establecementos actuais, pero dos actualizados con bo gusto.
Hai varios establecementos baixo esta denominación e todos teñen boa pinta, aínda que o dono do noso aloxamento recomendounos a Cantina Río Covés. Así que antes de subir ó recén restaurado Mosteiro de Caaveiro e de buscar sen éxito unha antiga central eléctrica abandonada, fomos a coller forzas alí.

Non sacamos fotos á comida, pero esto foi o que pedimos:
- Ensalada de queixo fritido con noces
- Filloa rechea de boletus
- Magret de pato con salsa de champiñóns
- Costrata de cocochas e vieiras. Un prato tradicional da zona do Eume, que se parece a unha empanada pero leva máis recheo e varias capas finas de masa polo medio.

Estaba todo moi saboroso e no seu punto, pero ainda que o ambiente é agradable, non me deixou a pegada especial que me esperaba. Sería polas miñas altas espectativas, pensando que sería outro tipo de restaurante máis tradicional e típico da zona. Esperábame un sitio único e era un restaurante que podería estar tanto alí como no centro de A Coruña ou nas Rías Baixas. Pero claro, é unha opinión persoal.

1 comentario:

  1. Haberá que probar este sitio, ademáis así, un fin de semana de relax no Eume pois apetece!
    queso fritido? mmmmm que pinta deliciosa! tesme que dicir como era, quero facelo!

    ResponderEliminar