Buscar este blog

26/2/11

Gołąbki



Os Gołąbki son un prato típico de Polonia. Gołąbki (que se pronuncia /gouompki/) significa "pombiñas". Segundo a lenda popular o rei de Polonia Casimiro IV alimentou o seu exército a base de auténticas Gołąbki durante a guerra dos Trinta Anos, aló polo 1465, ás portas do Castelo de Malbork, no interior do país.


O prato consiste en medianas bolas de follas de col (Kapusta, moi típico no este de europa), ou repolo, recheas de diferente xeito. O normal soen ser con carne de porco, de ternera e arroz, pero nós imos facer de arroz con verduras e champiñóns.

Ingredientes


- Un repolo ou unha col grande
- Un par de vasos Arroz
- Champiñóns
- Cebolas
- Pemento
- Cabaciña
- Zenoura
- Salsa de tomate, "concentrado" e/ou tomate triturado.


Procedemento


Para facela comezaremos cocendo un repolo ou unha col o máis grande posible, nunha pota grande con auga fervendo. Deixámos que a col vaia abrandándose e cando vamos que estea sacámola da auga e imos arrincándolle as follas enteiras unha a unha.

Por outra banda imos preparando o mollo. Pochamos ben de cebola, imos engandindo ao rustrido zenoura, pemento, cabaciña, berenxena e champiñóns. Deixamos que se poche ben todo, aderezamos con especies (pementa negra, e algún masala vaille fenomenal) e botamos o arroz. Deixamos que o arroz se molle na salsa e botamos o doble de auga e tapamos. 20 minutos depois o mollo está listo, abrimos e deixamos que enfríe.

Con todo xa máis ou menos frío, procedemos a facer os gołąbki propiamente ditos, que non é máis que encher cada folla de col de mollo cunha culler. Podemos escoller a medida que máis nos guste pero soen saír dun tamaño semellante a unha cinta de casette doble.

Xa puidemos ir pochando outro pouco de cebola para a salsa de tomate. Agora deixaremos case que unha hora os gołąbki, tapados, pochando en salsa de tomate, polo que en Polonia usa "Concentrado de tomate", cousa difícil de atopar. O concentrado serve para ir engadindo cada rato un pouco de auga e que non se pegue. Nós podemos facer primeiro unha boa salsa de tomate natural con ourego, e ir engandido, a medida que se nos vai evaporando a salsa, tomate triturado de lata.
Volta e volta e cando os gołąbki xa tomen un ton máis vermellón, xa están listos para servir. E se sobra mollo, non está de mais acompañar un gołąbki cun pouco de salsa e o mollo de arroz.



Como curiosidade, apunto un grupo de Facebook sobre este manxar do este europeo, aberto dende os EEUU: Golumpki.

No hay comentarios:

Publicar un comentario